Novo libro sobre o Courel

EDITORIAL CANELA PRESENTA UNHA PUBLICACIÓN SOBRE A CULTURA POPULAR NAS TERRAS DO COUREL

Editorial Canela acaba de presentar Un ano no Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel, unha obra de Sonia María García García que reflicte o traballo de campo realizado pola autora no concello de Folgoso do Courel durante os últimos cinco anos, que inclúe tamén investigacións  anteriores.

Forma parte da colección “Tradición oral-etnografía” e conta cunha fermosa introdución de Uxío Novoneyra Rei, as aportacións e a complicidade profesional de José M. Salgado nas fotografías, Inés de la Peña na maquetación, Antonio Puentes na revisión lingüística, Xosé Xoga na cartografía, Graficas Lar nas artes finais e na impresión, e a aportación gráfica de Carlos Rueda, Xosé Marra, Carlos López Mouriz, José Luís Martínez Sande, Luz e Carmen Vergara Ramos, Marcos Pol, Manuel Castro, Felipe Castro, Aurora Castro Ochoa, Arquivos da Casa Lemeso e Olga María Iglesias, que cederon xenerosamente valiosas imaxes para o libro e o apoio da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel.
O libro vai acompañado dun fermoso marcapáxinas e dous mapas a tamaño 42 x 59,4 cm, un deles do concello e o outro coa microtoponimia do entorno da aldea do Carballal, que é o epicentro da publicación.
REPORTAXES NA PRENSA
                 La Voz de Galicia 5 de agosto de 2021
                 Nós Diario 12 de agosto de 2021
                 El Progreso, Lugo, 26 de agosto de 2021

NOTICIAS

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;