SOBRE NÓS
Unha aposta editorial pola tradición oral e o patrimonio cultural galego
Editorial Canela é a parte de Canela Producións especializada na publicación de textos e imaxes en formato libro, libro con CD ou DVD.
Ocupámonos de calquera tema relacionado co patrimonio popular tradicional, tendo como base a investigación rigorosa e o traballo de campo levado a cabo por especialistas, tentando sempre achegar novos datos nas nosas publicacións, así como da reedición de obras esgotadas e de difícil acceso para o público en xeral.
Desde 2008 aspiramos a realizar edicións de calidade, coidadas e respectuosas, tanto co autor como co lector.
RESPECTO
Pola lingua e o legado dos nosos devanceiros, que pretendemos preservar para gozo das xeracións futuras
COMPROMISO
Para xerar riqueza no entorno ao elaborar integramente as nosas publicacións con profesionais e empresas de proximidade respectando o medio ambiente
OBXECTIVO
Difundir a cultura popular tradicional procurando que o seu coñecemento se enriqueza con edicións de calidade, rigorosas e respectuosas cos portadores, autores e lectores