Un ano no Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel - Editorial Canela | Un compromiso coa cultura popular tradicional

Un ano no Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel

Sonia M.º García García

30,00 IVE incl.

VISTA PREVIA

CONTÉN 2 MAPAS 420 x 594 mm

Conversa coa autora

 

Un ano no Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel, o novo libro de Sonia Mª García García, artículase a partir dun importante traballo de campo realizado pola autora durante varios anos no Courel.

Grazas aos testemuños incluídos, de enorme valor documental, o libro ofrece unha visión viva desta comarca luguesa. É o pobo o que fala, o que conta a súa historia axudando a entender a propia realidade, o seu inmenso patrimonio, permitíndonos afondar no medio natural, na vida tradicional, na etnografía, na antropoloxía, na toponimia, no uso local da língua, na música…

Sendo inabarcable estudar cada aldea, pero tendo todas unha cultura común, elexíuse unha delas para que servise de exemplo. Ese lugar chámase O Carballal. Un lugar puro e pouco contaminado polas visitas de xente allea. A través desta aldea courelá, conséguese chegar dende o particular ao global a través dun método inductivo, conseguindo plasmar unha visión que abarca O Courel enteiro e mesmo boa parte das tradicións, dos traballos e da forma de vida da Galicia interior.

Lendo as súas páxinas, aos foráneos seralles sinxelo facer un exercicio de empatía para meterse nos corpos e nas mentes da xente do Courel de hoxe e de onte, o que lles axudará a entender a comarca, a vida tradicional, as necesidades e as potencialidades de futuro. Para os que o viven, o viviron ou llelo contaron os seus antergos, resultaralles especialmente significativo e mesmo emotivo. E para os investigadores do medio, da etnografía, da antropoloxía e da fala, un instrumento moi válido de estudo. E así, xuntos, os da casa e os achegados, facendo sempre gala da hospitalidade que existe nestas terras, disfrutaremos do Courel.

Como agasallo, o libro vai acompañado por dous mapas, un do concello de Folgoso do Courel e outro do lugar do Carballal coa súa microtoponimia.

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€

 

Autor: Sonia M.º García García
Prólogo: Uxío Novo
Formato: 170 x 240 mm
Encadernación: rústica con lapelas
Contido extra: 2 mapas DIN A 2 e marcapáxinas
Lingua de publicación: galego
Impresión: LAR, Viveiro
Data de publicación: Xullo, 2021
Número de edición: Primeira
ISBN: 978-84-09-30053-2
Depósito Legal: C 613-2021
Autor: Sonia M.º García García
Prólogo: Uxío Novo
Formato: 170 x 240 mm
Encadernación: rústica con lapelas
Contido extra: 2 mapas DIN A 2 e marcapáxinas
Lingua de publicación: galego
Impresión: LAR, Viveiro
Data de publicación: Xullo, 2021
Número de edición: Primeira
ISBN: 978-84-09-30053-2
Depósito Legal: C 613-2021