EDITORIAL CANELA PUBLICA UN LIBRO DEDICADO AOS GAITEIROS DA FONSAGRADA
Editorial Canela presenta o volume 8 da colección “Tradición oral”, esta vez dentro da serie “música”: Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano, na que participan con textos Daniel Carballo, Antón Santamarina, Guillermo Fernández, Pepe Vaamonde, Pablo Quintana, Bieito Romero, Sagrario Fernández e Pedro Núñez, ademais de Vicente Ansola, cos seus magníficos retratos no caderno exclusivo dos libros desta colección e na portada.
Acompaña o libro un CD con 31 temas tradicionais, interpretados por Manuel (gaita), Dositeo do Fito (tambor) e Antón de Paradiñas (bombo), gravado por Pablo Barreiro grazas á colaboración da Radio Galega.
Tamén se inclúe un mapa despregable do concello da Fonsagrada, elaborado especificamente para esta obra, co obxectivo de que o lector poida coñecer a contorna dos protagonistas, as rutas e zonas de influenza musicais e entender a ubicación no entorno de todo o que se describe no texto.