Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano - Editorial Canela | Un compromiso coa cultura popular tradicional

Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano

VV. AA.

27,00 IVE incl.

VISTA PREVIA

NOVAS

 

Manuel Fernández Díaz, Manuel do Juano, é (xunto con Desiderio Sampayo, Constante Fernández e Modesto Arias) un dos derradeiros gaiteiros do que chamaríamos a vella xeración de músicos da montaña nas terras de Fonsagrada, depositario do importante repertorio e a técnica dun territorio rico en grandes intérpretes que se foron indo rapidamente nos últimos tempos.

No libro coñecerás a súa biografía e a dos outros dous compañeiros: Antón de Paradiñas e Dositeo do Fito, así como a das persoas que o influiron musicalmente e lle aportaron temas, as súas fontes musicais. Analízase a técnica, o estilo e o repertorio de Manuel. E para contextualizar o tempo e as situacións nas que tiña a oportunidade de mostrar as súas aptitudes musicais, relátase como eran as festas e as xuntanzas de socialización ao longo do ano. Por iso encontrarás aquí sinxelas descricións das mallegas, dos roxois, da esfollada, dos instrumentos dos nenos-pastores, do Entroido, o magosto, as vodas e o costume de repartir o cantelo… para evitar o seu esquecemento e para reactivar, no lector e na comunidade veciñal, a valoración polo patrimonio local herdado dos devanceiros.

Unha obra, en definitiva, que se torna indispensable para as persoas que aman a música tradicional e, especialmente, aos antigos gaiteiros con toda a cultura que representan.

O libro vai acompañado dun CD con 26 temas interpretados maxistralmente (como se poderá apreciar) polos últimos membros do grupo Amigos da Gaita: Manuel (gaita), Dositeo (tamboril) e Antón (bombo).

Dentro da lapela da portada contén un mapa despregable do concello da Fonsagrada, de 420 x 594 mm, deseñado exclusivamente para esta publicación.

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€

 

Autor: VV. AA.
Formato: 170 x 240 mm
Encadernación: Rústica con lapelas
Contido extra: 1 CD audio, 1 mapa de 420 x 594 mm e marcapáxinas
Lingua de publicación: Galego
Montaxe de audio: Pablo Barreiro
Data de publicación: Agosto, 2021
ISBN: 978-84-09-30344-1
Depósito Legal: C 614-2021
Autor: VV. AA.
Formato: 170 x 240 mm
Encadernación: Rústica con lapelas
Contido extra: 1 CD audio, 1 mapa de 420 x 594 mm e marcapáxinas
Lingua de publicación: Galego
Montaxe de audio: Pablo Barreiro
Data de publicación: Agosto, 2021
ISBN: 978-84-09-30344-1
Depósito Legal: C 614-2021