A memoria das nosas aldeas

A comezos de novembro do 2024 presentamos un libro que recolle a memoria cultural dun concello da provincia de Lugo.

Etnografía, historia, tradicións, música e fotografía compleméntanse neste completo proxecto de Óscar Górriz, a través do que o lector pode acceder, por medio de códigos QR, a interesantes sons ambientais, conversas, cantos e músicas…, ao tempo que goza das imaxes de fotografía química en branco e negro a gran tamaño e dos textos con relatos de vidas, lendas, experiencias e reflexións que aportan pensamento e coñecemento.

Bóveda, a memoria no lugar é o título desta primeira publicación coa que contamos abrir unha nova colección que se chamará, precisamente, A memoria do lugar.

A continuación incluímos unha conversa co autor publicada no xornal El Progreso de Lugo o día 24 de xaneiro de 2025.

Tamén a entrevista no programa ZigZag da TVG do 26 de novembro do 2024, que podes ver picando na imaxe AQUÍ

 

E á publicación previa, na web do Festival Ffoco da Coruña 2024, á primeira presentación do libro que tería lugar o 2 de novembro no salón de actos e o patio da Fundación Luis Seoane da Coruña.

NOTICIAS

Papas de maíz