NADAL 2024
Bóveda, a memoria no lugar é unha obra que celebra a riqueza da cultura galega mediante un proxecto etnográfico, fotográfico e musical levado a cabo por Óscar Górriz durante a súa residencia artística na Casa da Memoria en Bóveda (Lugo).
A través de entrevistas, fotografías analóxicas e gravacións de audio, o autor mergúllase nas lembranzas dos maiores das aldeas do concello de Bóveda, recollendo relatos de vida, costumes, mitos e lendas. A partir deste material ten lugar a creación musical, producindo cántigas novas de estilo tradicional, co fin de realizar unha achega á música popular, desde unha rexión onde os cantares de transmisión oral esmoreceran antes da chegada das novas xeracións de recolledores de finais do século XX.
O presente tratado subliña a relevancia de conservar vivas as nosas tradicións orais na era da Intelixencia Artificial, garantindo que o noso relato histórico colectivo permaneza accesible tanto en formato online como impreso.
Este proxecto é unha homenaxe ao patrimonio de Bóveda e de Galicia, un testemuño valioso que busca transmitir estas historias e saberes ás futuras xeracións, preservando así a esencia da nosa herdanza.
A publicación contén acceso mediante códigos QR a sons ambiente, conversas gravadas e músicas creadas polo autor, co fin de enriquecer e complementar a experiencia de lectura.
ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€
Para brindar as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Dar o seu consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.