O eco das estrelas, recensións

 

No Nadal de 2021 publicamos O eco das estrelas. música medieval no Camiño de Santiago, unha obra de 432 páxinas en edición de luxo, con tapa dura e estampado en ouro e que contén textos de tres especialistas en cada unha das áreas que inclúe, a representación da música e os instrumentos na arte románica, a lírica medieval e a lutería medieval na escola do Mestre Mateo: Francisco Singul, Mariña Arbor e Francisco Luengo.

Con numerosas fotografías, a gran maioría delas realizadas durante a pandemia en exclusiva para esta obra por José M. Salgado, representa a obra máis completa, actualizada e rigorosa realizada até o de agora, unha obra da que nos sentimos profundamente orgullosos na Editorial Canela.

Nesta nova deixamos os enlaces a dúas recensións que nos parecen significativas.

Unha delas foi publicada no volume XIV da prestixiosa revista ad limina no ano 2023 e correu a cargo de Manuel Antonio Castiñeiras González.

A outra no número 24, ano 2023, da Revista Galega de Filoloxía que edita a Universidade da Coruña, foi realizada por Xosé M. Sánchez Rei.

 

NOTICIAS

Papas de maíz