Sonia María García García

Sonia María García García (A Coruña, 1972) é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e está ademais especializada en Xeografía Aplicada. Polo seu exercicio como profesora de Educación Secundaria e Bacharelato na Coruña posúe grande experiencia no ámbito da docencia.

É autora de O libro do Courel (Ed. Belagua, 2016), unha obra de carácter divulgativo dos aspectos xeográficos, históricos e etnográficos da citada comarca e da novela de ficción histórica Toca. El oro de la Gallaecia (Ed. Belagua, 2017), ambientada no Courel no momento da romanización. Na actualidade continúa afondando sobre o estudo deste territorio, do que é especialista, e prepara novos proxectos literarios. Así mesmo, editou Relatos de candil (Círculo Rojo, 2021) e con Editorial Canela acaba de publicar: Un ano no Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel (2021)

Colaborou con artigos en revistas de educación, e en gacetas, sobre temas relacionados con Galicia: relevo, clima, espazos naturais, arqueoloxía, historia, orixe de festas e tradicións, a lírica medieval ou o Camiño de Santiago. Impartiu obradoiros literarios a rapaces entre doce e dezaseis anos e administra os blogs Eira de Pedra e Terras do Courel, ademais do referido á súa actividade como escritora: https://soniamariagarciagarcia.blogspot.com. Como afeccionada á fotografía, participou con algunha das súas imaxes en exposicións por Galicia, Asturias e Portugal.

A súa formación continua, a investigación constante e o seu espírito inquedo fan que continúe a traballar polo coñecemento e divulgación da paisaxe natural e cultural galegas a través da ciencia e da literatura.

NOTAS DE CAMPO

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;