NOVIDADE NADAL 2024
A través da historia gráfica que nos propón neste libro, o fotógrafo muxián Xesús Búa describe a xornada completa de traballo dos percebeiros e percebeiras de Camariñas e Muxía, en plena da Costa da Morte, desde que almorzan na casa, baixan ao mar e saltan ás pedras para centrarse na loita coas ondas ata rematar coa escolla do produto cando volven a terra. Ademais, repartidos por entre o relato, inclúe numerosos retratos dos protagonistas.
Son imaxes potentes de homes e mulleres poderosas, curtidas polo sal, recias e fortes física e psiquicamente, duras coma o ferro ben afiado da súa rasqueta, que se achegan aos perigosos e batidos riscos e pedras onde recollen o exquisito manxar co que o Atlántico nos agasalla e que, en condicións moi duras e arriscadas, apañan eles para gañarse a vida.
O relato visual vai acompañado dun texto de Xan X. Fernández Carrera e poemas de Xosé Iglesias, Modesto Fraga, Rosalía Fernández Rial, Branca Vilela, Rafael Lema, Miro Villar e Alexandre Nerium, todos eles autores desa Costa da Morte que, chea de enorme beleza, tamén é costa de vida.
ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€
Para brindar as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Dar o seu consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.