A Idade do Ferro - Editorial Canela | Un compromiso coa cultura popular tradicional

A Idade do Ferro

José M. Salgado

27,95 IVE incl.

EDICIÓN TRILÍNGÜE

VISTA PREVIA

 

Incluído na colección “Imaxes dun País”, o presente foto ensaio dá a coñecer a singular cultura do ferro que aínda se conserva no noroeste peninsular dentro do espazo xeográfico comprendido, aproximadamente, polas Reservas da Biosfera: “Terras do Miño”, “Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, situadas dacabalo entre a provincia de Lugo e o occidente de Asturias.

Esta cultura, que conta con moitos séculos de antigüidade, encárnase aínda hoxe nas decenas de homes e mulleres fotografados, un colectivo humano único en Europa e que agora sae á luz grazas ao traballo realizado por José M. Salgado durante case un lustro.

Un traballo documental que percorre os espazos e visita ás persoas, no que ofrece un retrato espido do estado actual dun modo de vida, ligado ao mundo agrario e preindustrial que busca, a duras penas, sobrevivir.

O libro contén, ademáis, unha presentación do autor e tres amplas introducións escritas por Luis Celeiro Álvarez (xornalista), Clodio González Pérez (Investigador e membro do Museo do Pobo Galego) e Juaco López Álvarez (Director do Muséu del Pueblu d´Asturies).

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€

 

Autor: José M. Salgado
Prólogo: Clodio González, Luis Celeiro, Juaco López
Formato: 230 x 225 mm
Ilustracións: 181 fotografías a cor
Encadernación: rústica, cosida, con lapelas
Contido extra: 2 marcapáxinas e unha fotografía en tarxetón de 21 x 15 cm a cor
Peso: 1.658 g
Lingua de publicación: galego, castellano, english
Impresión: ALVA, Galicia
Data de publicación: Novembro, 2018
Número de edición: primeira
ISBN: 978-84-09-03835-0
Depósito Legal: C 1225-2018
Autor: José M. Salgado
Prólogo: Clodio González, Luis Celeiro, Juaco López
Formato: 230 x 225 mm
Ilustracións: 181 fotografías a cor
Encadernación: rústica, cosida, con lapelas
Contido extra: 2 marcapáxinas e unha fotografía en tarxetón de 21 x 15 cm a cor
Peso: 1.658 g
Lingua de publicación: galego, castellano, english
Impresión: ALVA, Galicia
Data de publicación: Novembro, 2018
Número de edición: primeira
ISBN: 978-84-09-03835-0
Depósito Legal: C 1225-2018