Xan Fernández Carrera

Xan X. Fernández Carrera (Bamiro, Vimianzo, 1951). Mestre e escritor, desenvolveu todo o seu traballo docente no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (A Coruña). Actualmente preside o Instituto de Estudos Bergantiñáns e forma parte da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom).

Como ensinante participou en movementos de renovación pedagóxica e impartiu cursos e xornadas de formación do profesorado no eido das materias de Lingua Galega e Ciencias Socias. Publicou varios libros de texto sobre esas áreas, dirixidos ao alumnado de educación primaria e secundaria.

Como investigador e divulgador sobre a comarca de Bergantiños e A Costa da Morte, leva publicados libros, cadernos e folletos de rutas, artigos en xornais e revistas.

En 2024 colabora con Editorial Canela encargándose do texto “Alén da heroicidade” incluído dentro do libro Homes e mulleres de sal e ferro, percebeiros da Costa da Morte.

Estes son algúns dos seus libros publicados:

– Ramón Caamaño, historia viva da Costa da Morte, (Editorial Xaniño, 1999).

– Descubre a comarca de Bergantiños, (Editorial Xaniño, 2001).

– Lugares con encanto da Costa da Morte, (Editorial Xaniño, 2003).

– Rutas para descubrir a Costa da Morte, (Editorial Xaniño, 2007).

– A Romaría da Barca, (Editorial Xaniño, 2007).

– Guía de Carballo, (Concello de Carballo, 2013).

– Descubre Muxía, (Concello de Muxía, 2014).

– Lendas da Costa da Morte, (Edicións Embora, 2017).

– José Vidal, unha vida dedicada á fotografía (Deputación Provincial da Coruña, 2019).

– Moraime, Centro Histórico da Costa da Morte (Deputación Provincial da Coruña, 2020).

– A pesca en Muxía (Deputación Provincial da Coruña, 2022).

NOTAS DE CAMPO

[fichas t=post c=2 d=50 hns=h3]