Edelmiro Méndez - Editorial Canela | Un compromiso coa cultura popular tradicional

Edelmiro Méndez

VV. AA.

35,00€ IVE incl.

99 dispoñibles

2ª EDICIÓN REVISADA

NOVIDADE MAIO 2026

VISTA PREVIA E ÍNDICE

 

O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz na súa 2ª edición revisada, contén 226 fotografías das que 219 foron tiradas en branco e negro por Edelmiro Méndez entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lugués da Pontenova, conformando un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas, cando iniciaba a transformación que se consolidaría anos despois.

A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden o obxectivo da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen mantiñan unha relación próxima propiciada pola súa empatía e por ter exercido anteriormente como zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo.

O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo rexistra desde o nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas, romarías, xogos, divertimentos, vodas, mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola, festivo, etc.

Completan a obra os textos de bos coñecedores do traballo fotográfico de Edelmiro Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José M. Salgado, fotógrafo profesional e editor gráfico desta obra; Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente na Universidade de Vigo, e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.

Ademais, cada libro vai acompañado unha lámina exclusiva a tamaño 220 x 150 mm cunha fotografía tomada por Edelmiro.

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€

Autor: VV. AA.
Prólogo: Xosé Manuel Méndez, Xoán Ramiro Cuba, José M. Salgado, Anxo Fernández Ocampo
Formato: 230 x 225 x 22 mm
Ilustracións: 226 fotografías en B/N e cor
Encadernación: Rústica con lapelas
Contido extra: lámina con reprodución fotográfica a tamaño 220 x 150 mm
Peso: 1.200 gr
Lingua de publicación: Galego
Impresión: LAR, Viveiro, Galicia
Data de publicación: Maio, 2026
Número de edición: 2ª revisada
ISBN: 979-13-991680-0-6
Depósito Legal: C 83-2026
Nº de páxinas: 276
Autor: VV. AA.
Prólogo: Xosé Manuel Méndez, Xoán Ramiro Cuba, José M. Salgado, Anxo Fernández Ocampo
Formato: 230 x 225 x 22 mm
Ilustracións: 226 fotografías en B/N e cor
Encadernación: Rústica con lapelas
Contido extra: lámina con reprodución fotográfica a tamaño 220 x 150 mm
Peso: 1.200 gr
Lingua de publicación: Galego
Impresión: LAR, Viveiro, Galicia
Data de publicación: Maio, 2026
Número de edición: 2ª revisada
ISBN: 979-13-991680-0-6
Depósito Legal: C 83-2026
Nº de páxinas: 276