DVD Cocedura tradicional do barro en Buño - Editorial Canela | Un compromiso coa cultura popular tradicional

DVD Cocedura tradicional do barro en Buño

Pablo Quintana

6,00 IVE incl.

Esgotado

NARRACIÓN TRILÍNGÜE

VER FRAGMENTO EN HD

 

Cocedura tradicional do barro en Buño é un vídeo documental, de contido etnográfico, no que se ofrecen as claves que axudan a entender como se realizaba antigamente a derradeira fase da produción oleira. Nela, transformábase o barro cru en barro cocido e vidrado, obtendo como resultado as pezas utilitarias que a sociedade tradicional demandaba. A cocedura, que viña durando dúas xornadas, facíase nun forno exterior de leña e tiro vertical e contaba coa participación de varios xornaleiros especializados que axudaban á familia do oleiro en todo o proceso.

As imaxes graváronse en Alta Definición nas instalacións do Ecomuseo do Forno do Forte (Buño, A Coruña), os días 15 e 16 de agosto de 2008, coincidindo coa celebración da XXV Mostra da Olería.

 

 

Autor: Pablo Quintana
Fotografías: David Hernández
Formato: DVD HD
Lingua de publicación: Galego, castellano e inglés
Data de publicación: Maio, 2010
Depósito Legal: C-660-2010
Autor: Pablo Quintana
Fotografías: David Hernández
Formato: DVD HD
Lingua de publicación: Galego, castellano e inglés
Data de publicación: Maio, 2010
Depósito Legal: C-660-2010