Xaime Félix López Arias

Xaime Félix López Arias, escritor, profesor e avogado naceu na Hermida (Sarria) o ano 1949.

Cronista oficial de Sarria entre 1981 e 2011, ten colaborado en revistas sobre o Camiño de Santiago, publicado traballos de investigación no Boletín do Museo Provincial de Lugo; no Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos, do que é presidente; na revista Seurros e en Corga, revista anual do Centro de Estudos do Corgo. Ademais, participou nas publicacións: O tamborileiro (Sarria) e Casa Grande de Sarria, así como en Cousas Xacobeas, na plataforma Galicia Dixital. Colaborou en A negra, de X. Manuel Martínez Oca (Edicións do Castro, 1977), A memoria en imaxes. Sarriáns de onte e de hoxe a través de La Unión. Século XX (La Voz de Galicia, 2008) ou Sarria a ollos vistas, de Víctor López Villarabid (2013), e coordinou o Libro de ouro. Primeiro centenario (1919-2019). Sociedade Cultural e Recreativa “La Unión”. Sárria (Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, 2022).

É autor dos relatos: As augas toldas (accésit Pedrón de Ouro), Cuco Rei (accésit Pedrón de Ouro), O Trasno da Cervela (Revista Grial, 1978). Promoveu o Arquivo Comarcal de Sarria e as asociacións culturais “Arcas” e “Irmandade Sarria-Guerledan”. Publicou os libros: Santa María Madalena de Sarría (Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, 1996); Sarria (Editorial Everest, 2002) e A primeira Deputación Provincial de Lugo (Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, 2004); Primeira aceifa, que contén unha selección de textos de seu pai Xesús López González (2019); Os 200 anos do Concello de Paradela (Colectivo Egeria, 2022) e Matías López. De Sarria a El Escorial (Ouvirmos, 2023), no que é coautor xunto con Gregorio Sánchez Meco.

Dende 2009 divulga os seus coñecementos e documentación histórica da comarca a través do seu blog Sárria Acento Galego. Ten recibido o premio de relato Meigas e Trasgos en Sarria, a Camelia de Ouro en Vilagarcía e o Convivio Guimarães.

Agora dá a luz este completo traballo sobre o Tombo de Samos no que leva máis de trinta anos traballando sen descanso.

 

 

 

NOTAS DE CAMPO

[fichas t=post c=2 d=50 hns=h3]