Pedro Núñez Ferreiro (San Martín de Suarna, A Fonsagrada, 1958) é licenciado en Ciencias Biolóxicas e exerceu como profesor de Bioloxía en ensino secundario.
Afeccionado á música popular desde moi novo, foi un dos fundadores en 1976 do grupo de gaitas Treboada de Lugo e participou tamén no proxecto Galicia canta ao neno. Desde o ano 2006 é membro activo da agrupación de música tradicional de Santiago de Compostela Cantigas e Agarimos, como integrante do coro e alumno das aulas de zanfona. Forma, así mesmo, parte do grupo de Cantos de Taberna Vorvirvorver. Na súa faceta de luthier afeccionado construíu instrumentos tradicionais como a zanfona ou a nickelharpa.
Con Editorial Canela participa no libro Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano (2021).