Noemí García Rodríguez (Lugo, 1995) é profesora de lingua e literatura galega. O seu interese por abrir novos camiños para o galego levouna a fundar o proxecto educativo Galego para Boomers, en que creou xunto co seu alumnado de secundaría un dicionario de neoloxismos en lingua galega a través das redes sociais.
Cursou o Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios e, posteriormente, o Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios na Universidade da Coruña.
Ten publicados diversos traballos na Revista Galega de Filoloxía e colabora periodicamente co xornal Nós Diario.
Con Editorial Canela ten publicado o Cancioneiro da Ribeira de Piquín (2022) en colaboración con Xosé Manuel Sánchez Rei.