Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973) é profesor títular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación son a gramática do galego contemporáneo, a linguaxe literaria e a variación lingüística, temas sobre os cales ten dado a estampa monografías e artigos tanto en revistas especializadas galegas como en publicacións internacionais (Cadernos de Lingua, RAG; Diacrítica-Ciências da Linguagem, UMINHO; LaborHistórico, UERJ; MadryGal, UCM; Raigame, Dep. de Ourense; Revista de Letras, UTAD; Revista Galega de Filoloxía, UDC; Revue Romane, John Benjamins; Rostocker Romanistische Arbeiten, Peter Lang; Verba, USC; etc.).
Unha das súas afeizóns son a música e a poesía tradicionais, ámbito en que, igualmente, ten dado a lume diversos traballos, cal A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros (Laiovento, 2006), Lingua, música e toponimia da Galiza (Baía, 2016), Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX (Laiovento, 2017; 2ª ed. en 2018). Tamén acaba de publicar en 2019 nos Estados Unidos, xunto a Catalina T. Castillón, profesora da Lamar University, a edición en dous volumes do Traditional Galician Cancioneiro Compiled by Cipriano Torre Enciso (The Edwin Mellen Press, 2019), un traballo de máis de 1.200 páxinas inédito até a ese momento.
Con Editorial Canela ten publicado Xosé Seivane. A gaita con maiúscula (2019) e o Cancioneiro da Ribeira de Piquín (2022).