Julio A. Fernández Lamuño

Julio A. Fernández Lamuño

Julio Antonio Fernández Lamuño (Luarca, 1920 – Oviedo 2022). Licenciado en Ciencias, sección Químicas, pola Universidade de Oviedo e Perito Agrícola polo Instituto Nacional Agronómico de Madrid, estivo durante varios anos á fronte da granjx agropecuaria experimental que a Deputación de Oviedo creara en Tineo o ano 1952.

Á parte de numerosas memorias e informes técnicos sobre cultivos e gandeiría, escritos ao longo do tempo que permaneceu na granxa, durante os años 1958 e 1959 realizou, por encargo da Deputación, dous traballos de campo para explorar as condicións agropecuarias de dúas comarcas do occidente asturiano, cuxas conclusións plasmou en tres tomos, inéditos até o momento desta publicación, aos que acodían numerosos investigadores na procura de datos agrícolas, gandeiros, históricos e, sobre todo, etnográficos. Son o Informe sobre los concejos de Ibias y Degaña (abril de 1958), formado por dous tomos con 319 folios mecanografiados e multitude de fotografías, e o Informe sobre Los Oscos (outubro de 1959) que agora se publica. Dez anos máis tarde, en decembro de 1969, redactaría tamén outro traballo de 125 páxinas titulado Notas sobre el concejo de Allande.

En outubro de 1986 ingresa no Real Instituto de Estudios Asturianos, aao que pertence como membro emérito, e no mes de xullo de 1992 é nomeado Hijo Adoptivo de Tineo, de cuxo concello é Cronista Oficial desde marzo de 1993.

Foi correspondente do xornal La Nueva España e da revista Occidente, colaborador da Gran Enciclopedia Asturiana e autor de obras como: Tineo: recuerdo de una región (1968), El monasterio de Obona (1981), Tineo, villa y concejo (1982), Tineo y Obona en la ruta jacobea (1991), La ruta de los monasterios (1992), Pastos de altura en occidente (1985), Nuestros templos parroquiales (1993), Cultivos tradicionales e industrias rurales en el occidente asturiano (1998), Crónicas de Tineo (1999), etc.

NOTAS DE CAMPO

[fichas t=post c=2 d=50 hns=h3]