Pese a que a súa actividade profesional está na automoción, Guillermo Fernández (A Fonsagrada, 1984) leva vencellado á cultura tradicional dende 1994, comezando na vila natal coa Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, primeiro con Juanjo Fernández e ao pouco tempo xa da man de Pepe Vaamonde, onde profundiza no coñecemento da gaita.
Emigrado en Madrid, continúa a súa formación con Xoán Bradón, así como de forma autodidacta mentres amplia coñecementos en cursiños con Xose Lois Romero ou Pablo Seoane, entre outros.
Dende o ano 2003 comeza a pescuda do repertorio da zona da Fonsagrada e a montaña de Lugo, o que o leva a percorrer o medio natural dos músicos, indo polas aldeas en busca de informantes para recompilar historias, pezas e todo o vencellado co patrimonio cultural.
En Madrid participa en varios grupos como A Rebuldaina, grupo de gaitas do corredor do Henares, Vagalume, Axouxere, A Derradeira, Arde-llo Eixo, Agrupación Artística Rosalia de Castro e a A. C. Xirandela.
Ten colaborado en concertos con Carlos Nuñez, Milladoiro, no Festival de Ortigueira e un amplo etc.
Nos últimos anos amplia os seus coñecementos en profundidade no eido da construción de instrumentos musicais e nos diferentes toques de comarcas do país grazas a Pablo Carpintero.
Con Editorial Canela, participa no libro Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano (2021).