(Lausanne, 1973)
Daniel Carballo Penelas, Maca, veterinario de profesión, reside en Lugo. A súa formación como músico realizouse na Tradescola (escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos), onde asistíu principalmente ás clases de zanfona, con Luis Correa, o Caruncho, e de percusión, con Xosé Lois Romero. A súa actividade musical comezou no Obradoiro de Cultura Tradicional “A Volta do Agro”, co que continúa a colaborar na actualidade. Durante o ano 2011 formou parte do grupo Tiruleque e colaborou na gravación do disco Mu!! (2013) en dous temas. No ano 2012 funda, xunto con outros músicos, o conxunto-charanga tradicional Airiños da Freba co fin de investigar e divulgar a música tradicional da provincia de Lugo e cos que ten gravado os discos O´de lacón (2017) e Con grelos (2020) .
Investigador constante do patrimonio musical lugués, procura do contacto directo con músicos tradicionais, polo que coñece e relaciónase cun bo número de gaiteiros da provincia e do occidente de Asturias, como Nela de Bres, Desiderio Sampayo, Modesto Arias, Constante de Valiña, Dositeo Fernández, Antón de Paradiñas ou Manuel do Juano, entre outros moitos.
Colabora con Editorial Canela dende hai anos e participou como autor no libro de Siderio de Vilarmide (2015) e no de Manuel do Juano (2021).