Publicado como tomo extra dentro da colección “Tradición oral-música”, Antón Corral. A alborada dun soño é un relato biográfico que dá conta da traxectoria vital e profesional dun personaxe verdadeiramente significativo para a cultura musical tradicional galega.
O libro describe dende un punto de vista profundamente humano as etapas da súa vida partindo, dende o mesmo nacemento, pasando pola infancia, a etapa de xuventude e facendo un estudo exhaustivo do percorrido profesional, tanto do Antón músico como do Antón artesán e divulgador, ata a actualidade.
Durante o desenvolvemento de cada un dos capítulos nos que está estruturado o relato vaise deixando transpirar un sentimento latexante que semella poder apalparse, no decorrer das súas páxinas, e acada o clímax no colofón de imaxes fotográficas de Vicente Ansola.
Como complemento, a obra leva dous CD de agasallo cos 26 temas gravados en Lisboa o ano 1987 polo grupo didáctico da Universidade Popular de Vigo, que formaban parte do álbum Instrumentos musicais populares galegos, ademais dunha versión inédita e orixinal para septimino de gaitas gardada por Antón Corral no seu arquivo.
LIBRETO_INSTRUMENTOS MUSICAIS POPULARES GALEGOS (pdf)
ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€
Para brindar as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Dar o seu consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.