OS FOXOS DO LOBO. A CAZA DO LOBO NA CULTURA POPULAR. - Editorial Canela | Un compromiso coa cultura popular tradicional

OS FOXOS DO LOBO. A CAZA DO LOBO NA CULTURA POPULAR.

David Pérez López

27,00 IVE incl.

EDICIÓN BILÍNGÜE

ÍNDICE

VISTA PREVIA

 

Foxos é o nome común con que se coñecen en Galicia as trampas históricas construídas para cazar lobos. Segundo a súa forma e a técnica de captura empregada, clasifícanse en cinco tipoloxías elementais: simple, de converxencia, de dobre converxencia, de cruz e de cabrita, coas súas variables en canto á denominación dialectal.

Editado en galego e castelán, Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular é o resultado dun profundo traballo de investigación levado a cabo sobre o terreo polo arqueólogo David Pérez López no cuadrante noroeste peninsular, que é unha zona case exclusiva a nivel mundial e onde mellor se conservan. Unha área localizada ao norte do río Douro e que comprende as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Euskadi e o norte de Portugal.

No libro descríbense os métodos de caza empregados tradicionalmente na Península Ibérica para capturar ao animal, así como diversos datos datos inéditos que a converten nunha obra pioneira, ao incorporar, entre outros, fichas coa catalogación técnica de numerosas destas construcións e o traballo de escavación científica, dirixida polo propio autor, sobre un foxo con sorpresa.

Todo iso complementado con varios apartados dedicados á bioloxía e comportamento do Canis lupus, mitoloxía e cultura popular, relación coas comunidades agrogandeiras, a batida, análise e características de cada tipoloxía de foxo, arquitectura do pastoreo, descrición doutras técnicas tradicionais de caza do lobo, etc.

En fin, unha obra que non deixará indiferente ao lector, achegándolle todos os datos necesarios para entender a relación home-lobo ao longo da historia. Un libro respectuoso co animal e coas persoas, no que se achegan propostas para lograr o equilibrio entre estes dous protagonistas.

 

FICHAS COMPLEMENTARIAS

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€

Autor: David Pérez López
Formato: 170 x 240 x 34 mm
Ilustracións: Fotografías, debuxos, planos, mapas, gravados, reproducións de miniaturas, pinturas ou gravados, todo a cor e B/N
Encadernación: Rústica, cosida, con lapelas
Deseño: área-norte, Xixón
Peso: 1.240 g
Lingua de publicación: Galego e castellano
Impresión: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)
Data de publicación: Outubro, 2010
Número de edición: Primeira
ISBN: 978-84-614-1205-1
Depósito Legal: C 2425-2010
Autor: David Pérez López
Formato: 170 x 240 x 34 mm
Ilustracións: Fotografías, debuxos, planos, mapas, gravados, reproducións de miniaturas, pinturas ou gravados, todo a cor e B/N
Encadernación: Rústica, cosida, con lapelas
Deseño: área-norte, Xixón
Peso: 1.240 g
Lingua de publicación: Galego e castellano
Impresión: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)
Data de publicación: Outubro, 2010
Número de edición: Primeira
ISBN: 978-84-614-1205-1
Depósito Legal: C 2425-2010