Finis Terrae 2ª Edición - Editorial Canela | Un compromiso coa cultura popular tradicional

Finis Terrae 2ª Edición

Marcos Rodríguez

35,00 IVE incl.

265 dispoñibles

2ª EDICIÓN

VISTA PREVIA

TIRADA REDUCIDA

 

Despois de esgotarse rapidamente a 1ª edición, pulicamos agora a 2ª revisada e aumentada con 23 novas fotografías. Mentres non recibamos os novos exemplares da encadernadora, prevista sobre o día 17 de novembro, realizamos esta oferta prevenda. A partir da súa recepción nos nosos almacéns, o libro terá o PVP nomal.

Esta obra é unha viaxe fotográfica á finis terrae galega, dous mil anos despois da chegada dos romanos e cen de que Ruth Matilda Anderson tirase as impresionantes imaxes da comarca. É un libro homenaxe aos seus habitantes, xente loitadora e traballadora parte da cal se foi marchando no primeiro cuarto deste século, homes e mulleres que, grazas á sensibilidade de Marcos Rodríguez, seguen presentes a través do espazo físico no que viviron e viven, nos lugares, na paisaxe, nos traballos, costumes e tradicións desta parte noroccidental de Galicia.

As fotografías, de contido etnográfico e social, onde predominan o retrato e a reportaxe, abarcan o período comprendido desde o ano 2000 ata a actualidade.

Con texto de presentación a cargo da escritora de Bergantiños Rosalía Fernández Rial, contén imaxes dos concellos que conforman a Costa da Morte, comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Xallas, Fisterra e outras novas da provincia de Lugo, entre as que se encontran numerosos retratos das xentes, dos seus traballos,  as súas mans traballadoras, os oficios, as celebracións tradicionais e relixiosas, rituais, u lume, a terra, o mar…

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50 €

Autor: Marcos Rodríguez
Prólogo: Rosalía Fernández Rial
Formato: 245 x 190 mm
Ilustracións: 193 fotografías en B/N e 1 en cor
Encadernación: Tapa dura con sobrecuberta
Contido extra: Postal de 17x24 cm cunha fotografía
Lingua de publicación: Galego
Data de publicación: Novembro, 2025
Número de edición: 2ª aumentada e corrixida
ISBN: 978-84-09-78299-4
Nº de páxinas: 240
Autor: Marcos Rodríguez
Prólogo: Rosalía Fernández Rial
Formato: 245 x 190 mm
Ilustracións: 193 fotografías en B/N e 1 en cor
Encadernación: Tapa dura con sobrecuberta
Contido extra: Postal de 17x24 cm cunha fotografía
Lingua de publicación: Galego
Data de publicación: Novembro, 2025
Número de edición: 2ª aumentada e corrixida
ISBN: 978-84-09-78299-4
Nº de páxinas: 240