(Castro de Carballedo, 1969)
Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música. Entre 2006 e 2010 traballou no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e desde 2010 é consultor da UNESCO, sendo unha das persoas que evaluou a in-clusión das candidaturas nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade entre 2010 e 2013.
É coautor das publicacións Catálogo de Músicos da Limia e Os Sons da Limia e ten editados varios capítulos de libros dedicados ao Patrimonio Cultural Inmaterial, así como numerosos artigos en revistas especilizadas, sendo a súa publicación máis destacada, Os instrumentos musicais na tradición Galega, que en 2009 recibíu o premio Antón Losada Diéguez 2009 na modalidade de investigación e ensaio. O seu traballo de investigación sobre a requinta da Ulla, unha frauta traveseira tradicional, valeulle tamén o premio Marqués de Lozoya do Ministerio de Cultura en 2013. En 2015 colabora con Editorial Canela na publicación do libro: Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide.
Pablo Carpintero é gaiteiro desde hai máis de 35 anos sendo, ademais, construtor de gaitas, requintas e percusión tradicional galega, dedicándose especialmente á reprodución de instrumentos musicais antigos. Ten realizado traballo de campo sobre a gaita de fol e a música tradicional en xeral por toda Galicia, Asturias, Zamora, O Bierzo e en todo Portugal.
É membro da comisión permanente do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega e dirixe dous grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ten editados once traballos discográficos e colabora semanal-mente nos programas Luar e Lume na Palleira da RTVG, realizando seccións dedicadas á música de tradición galego-portuguesa.