Mariña Arbor Aldea

Mariña Arbor Aldea (San Fagundo, Cea, 1973) é graduada en Filoloxía Hispánica, Licenciada e Doutora en Filoloxía Románica, Premio Extraordinario de Licenciatura, Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica. Tras formarse na Universidade de Santiago e de realizar un bienio de posdoutoramento na Università degli Studi di Padova (Italia), regresou á USC como Investigadora Ramón y Cajal. Nesta univeridade desenvolve agora o seu labor como Profesora Titular de Universidade.

Entre as súas publicacións, ademais dunha setentena de artigos e capítulos de libros, destacan O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e estudio (2001), Cancioneiro da Ajuda [edición facsímile] (2008), Cancioneiro da Ajuda. Transcrición e notas (2015), que asinou como autora única, ou os volumes en que participa como autora e coordinadora, como Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa (2010), Pergamino Vindel (2016), Transitando polas vías da lírica hispánica. A ruta dos trobadores (2020) ou Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica (2021). Ademais, traduciu e adaptou ao galego os volumes El canon de la literatura europea (2012) ou A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués (2019). Finalmente, a profesora Arbor Aldea traballa activamente no Portal Universo Cantigas (www.universocantigas.gal), de que é Investigadora Principal, xunto co Profesor Manuel Ferreiro, que ten como obxectivo a edición crítica en liña de toda a lírica medieval galego-portuguesa. Con Editorial Canela ten publicado “Poesía e música na Idade Media hispánica centro-occidental: un crisol de culturas tecido en cobras e sões”, dentro do libro O eco das estrelas (2021).

NOTAS DE CAMPO

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;