Jose Manuel Salgado Mosquera

Licenciado en Xornalismo pola Universidad Complutense, e fotógrafo cunha longa traxectoria no eido editorial, José M. Salgado (A Coruña, 1968) participa e promove distintas actividades relacionadas coa difusión cultural, o comisariado de exposicións, así como a edición de libros e a creación de contidos multimedia.

Colaborou en diversos medios escritos, como o xornal La Voz de Galicia, a revista Muy Interesante, en revistas de viaxes (Viajes National Geographic, Viajar, Península, Paisajes desde el tren) pero fundamentalmente no mundo editorial e institucional, ilustrou máis dunha vintena de libros.

Durante máis dunha década traballou como fotógrafo de persoal para Hércules de Edicións, aínda que agora desenvolve o seu traballo como freelance. É membro de APECSA (Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago) e comisario de diversas exposicións.

Á par continúa realizando diversos proxectos e colaboracións con entidades públicas e privadas e ten en marcha varios proxectos futuros coa nosa editorial, onde publicou A Idade do Ferro (Canela, 2018) e agora O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago (Canela, 2021).

NOTAS DE CAMPO

[fichas t=post c=2 d=50 hns=h3]