Francisco Singul é doutor en Historia da Arte, xefe de área de Cultura Xacobea da SA de Xestión do Plan Xacobeo (Xunta de Galicia), investigador, comisario de exposicións e escritor.
Participou en numerosos congresos internacionais sobre as peregrinacións a Santiago de Compostela, ten dirixido e coordinado varios libros colectivos sobre a catedral de Santiago, a pratería e o acibeche composteláns e sobre o Camiño de Santiago.
É autor de varios libros de temática xacobea e de artigos sobre arte galega e as peregrinacións xacobeas, aparecidos en revistas internacionais, obras colectivas e actas de congresos.
Entre os seus libros podemos citar:
Historia Cultural do Camiño de Santiago, Vigo, 1999; O Caminho de Santiago. A peregrinaçâo ocidental na Idade Média, Río de Janeiro, 1999; La Ciudad de las Luces, Santiago, 2001, Cammino di Santiago. Cultura e pensiero, Roma 2007; Camino de Santiago, Tokio, 2008; Vino y cultura medieval. Galicia y los caminos de Santiago, Santiago, 2010; Diego Gelmírez, señor de Torres de Oeste, Madrid, 2014; El Camino Francés en el Códice Calixtino, Santiago, 2016; Camino que vence al tiempo. La peregrinación a Compostela, Madrid, 2020:
Con Editorial Canela ten publicado “A imaxe da harmonía universal. Música, poesía e artes visuais en Galicia e no Camiño de Santiago (séculos XII-XIII)”, dentro do libro O eco das estrelas (2021).