Francisco Luengo

Francisco Luengo é músico, investigador de organoloxía medieval e construtor de instrumentos musicais medievais, barrocos e renacentistas.

Dirixíu a Capela Compostelana desde a súa creación en 1988, coa que publicou dous discos: José de Vaquedano (1991) e José de Vaquedano: Villancicos a Santiago (1993). No 2000 fundou, e actualmente dirixe, o grupo Malandança, que interpreta música medieval con instrumentos orixinais e cos que ten publicados: Unha noite na corte do Rei Afonso (2001) e Mya Senhor Velida (2018). En 2004 transcribiu, coordinou e dirixiu varias representacións na catedral de Santiago do Ordo Prophetarum, gravado e publicado polo Consello da Cultura Galega nun libro-DVD o ano 2006. Xunto con Xurxo Varela, publicou o CD My Singular Entertainment, and Delight (2009) e Le Nymphe di Rheno (2013).

Participou no Proxecto da reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria, patrocinado pola Fundación Barrié de la Maza entre os anos 1989-1992, e formou parte do equipo de especialistas do Proxecto de reconstrución dos instrumentos do Pazo de Xelmirez emprendido pola Deputación Provincial de Lugo no periodo 1993-1994.

Entre as súas aportacións bibliográficas podemos citar: “Los instrumentos del Pórtico”, en El Pórtico de la Gloria, Música, Arte y Pensamiento (1988); “Comentario sobre la reconstrucción de las violas ovales del Pórtico de la Gloria”, en Los Instrumentos del Pórtico de la Gloria. Su reconstrucción y la música de su tiempo (1993); “Instruments à archet dans le nord-ouest de la péninsule Ibérique (XIIe et XIII siècles”, en Instruments à cordes du Moyen Âge (1999) ou “Os instrumentos musicais na Compostela medieval”, en Instrumentos de Corda Medievais (2006).

Habitualmente desenvolve un intenso traballo en cursos, conferencias, exposicións e publicacións, ao tempo que colabora con outros grupos dedicados á música antiga, cos que realizou gravacións, concertos e xiras por varios países de Europa, Asia, América e África.

Con Editorial Canela publica “O mundo instrumental do Mestre Mateo”, dentro do libro O eco das estrelas (2021).

NOTAS DE CAMPO

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;