Carlos Valcárcel Gay (Lugo, 1929 – 2021) é un recoñecido fotógrafo que realizou milleiros de fotografías analóxicas en branco y negro de grande interese etnográfico e patrimonial, fundamentalmente na segunda metade do século XX. Parte delas foron publicades en portadas de importantes revistas, e na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo pódese contemplar a exposición permanente: “Carlos Valcárcel, fotografías 1962-2002”, da que se editou en 2003 o catálogo Carlos Valcárcel. Fotografías (1969-2001). Desde hai varios anos dá nome ao premio principal do Maratón Fotográfico do Campus Universitario de Lugo, que se celebra coincidindo co inicio do curso escolar.
En outubro de 2017 foi recoñecido co título de Fotógrafo Histórico pola Diputación da Coruña e, no ano 2019, o Grupo Fotocinematográfico de Lugo entregoulle o trofeo Fonmiñá pola súa dilatada traxectoria fotográfica.
En 2017 colaborou con 28 imágenes no libro Terra e Alma de Moisés Quintas e, en 2020, Editorial Canela publica unha selección con 197 fotografías do seu arquivo na monografía Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980.