Cancioneiro da Ribeira de Piquín. Unha aproximación á poesía tradicional da montaña lucense - Editorial Canela
COLECCIÓN

Cancioneiro da Ribeira de Piquín. Unha aproximación á poesía tradicional da montaña lucense

PREZO:

18,00 IVE inc.

SINOPSE

NOVIDADE

SEN GASTOS DE ENVÍO

VISTA PREVIA

 

Música, etnografía e literatura popular fúndense no Cancioneiro da Ribeira de Piquín, que compila máis de 200 cantares tradicionais recollidos no concello ou en zonas próximas, unha parte froito do traballo de documentación en arquivos e cancioneiros e outra da recollida directa.

A obra conta cun completo estudo introdutorio, lingüístico e histórico, no que se analiza o tipo das cantigas, a simboloxía o valor da língua ou a transmisión desta lírica tradicional de xeración en xeración.

Así pois, o recurso á poesía e música orais pode supor unha viaxe ao pasado para obtermos información sobre a economía, a historia social, os medios de produción, as relacións sociais e afectivas, a chegada de innovacións, o ciclo da vida etc. e para coñecermos algúns pormenores da nosa historia social e do comportamento que as persoas habitantes dese mundo rural desenvolvían unhas a respecto doutras.

Inclúe un mapa despregable do municipio a tamaño A2 (420 x 594 mm), elaborado específicamente para o libro logo dun intenso traballo de campo para que fose o máis actualizado e exacto posible.

FICHA TÉCNICA

Fotografías: Portada de Vicente Ansola
Formato: 170x240 mm
Nº de páxinas: 112
Encadernación: Rústica con lapelas
Contido extra: 1 mapa de 420 x 594 mm e 1 marcapáxinas
Lingua de publicación: Galego
Data de edición: Abril, 2022
Número de edición:
ISBN: 978-84-09-39260-5
Depósito Legal: C 336-2022
Prezo: 18€

NOVAS

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;