NOVIDADE DECEMBRO 2026
CON DESCONTO PREVENDA
Os instrumentos musicais na lírica tradicional galega é a primeira publicación específicamente dedicada, dun xeito amplo e rigoroso, ás coplas populares que teñen relación cos instrumentos musicais, evitando a repeticións de variantes e con moitas notas a pé de páxina, clarificadoras e explicativas de costumes, riqueza da língua… Un corpus de máis de 800 coplas, romances, adiviñas, ditos…, compiladas por Carlos Rey, un dos pioneiros na investigación da música tradicional galega.
Á parte das coplas, que conforman a segunda parte do libro, na primeira faise unha análise histórica da evolución da música tradicional popular nos últimos 400 anos así como a descrición dos instrumentos nomeados nelas. Unha análise realizada dende o rigor, o coñecemento da materia e o traballo de campo iniciado polo autor a comezos do último cuarto do século pasado por toda Galicia, con referenzas históricas documentadas e tendo en conta aspectos etnográficos e lingüísticos de gran valor cultural e documental que aportan un imprescindible coñecemento para as xeracións actuais e futuras.
No seu interior inclúe 207 imaxes, debuxos e fotografías en branco e negro e a cor, moita delas inéditas, que aportan claridade ao contido do libro.
Para brindar as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Dar o seu consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.