¡Oferta!
COLECCIÓN

Os Rosales. O son da festa

PRECIO:

34,00 32,38 IVA inc.

Disponible para reserva

SINOPSIS

NOVEDAD

 

VENTA ANTICIPADA CON DESCUENTO DE PROMOCIÓN DEL 5%

 

GASTOS DE ENVÍO GRATIS

 

VISTA PREVIA PDF

 

Este libro contén a historia de toda unha vida de loita e superación, cuxo motor recorrente foi e é unha constante paixón pola música tradicional. Un relato que vai contemplando, paso a paso e dentro dun contexto espazo temporal, a traxectoria vital e profesional  de Xosé Romero e Maruxa Miguéns (Os Rosales).

A través da recreación de escenas achégase ao lector ás vivencias dos protagonistas no devir da súa traxectoria e tamén pon de relevo os antecedentes, os inicios, a evolución e o carácter deste grupo rianxeiro. Un cuarteto, no que se integrou unha muller, Maruxa, a comezos dos anos sesenta que facía o labor de presentar as pezas, cantar e tocar varios instrumentos de percusión. Sen dúbida, algo excepcional na época na que o grupo andou espallando por tantas romarías e festas o seu particular son. Unhas músicas respectuosas cos principios tradicionais aínda que sen perder de vista ese espírito innovador, creativo e un poder de adaptación ao gusto popular que os facía únicos.

E xa que Maruxa se converteu nunha peza clave, tamén os fillos se irían apreixando desa paixón dos pais ata ser Os Rosales un grupo basicamente familiar que xamais deixaría de evolucionar, chegando a ser un dos grupos máis admirados.

Gravaron dous discos, participaron en ducias de programas de televisión, compartiron escenario e actuacións con Andrés do Barro, Milladoiro, Amancio Prada, así como con grupos coetáneos do panorama tradicional, ofreceron concertos en festivais por varios lugares da península e mesmo en Bélxica, proxectando o seu bo facer en cada unha das pezas do seu amplo repertorio.

No 2002 dan por finalizada a traxectoria profesional como grupo, pero non a propia actividade musical, pois para eles resulta unha necesidade vital

Xosé V. Ferreirós enceta o traballo debullando as pinceladas máis xerais que dan paso a un prefacio sobre o propio deseño estrutural da obra; de aí o lector poderá mergullarse de cheo no relato de Fina Fernández.

Séguelle o estudo de Christian Castrelo, que nos axuda a entender o xenio técnico e creativo de Xosé, así como a análise de Gustavo Couto que degrae o perfil musical de Maruxa.

E como aditamento imprescindible, nunha obra destas características, expoñemos unha completa viaxe gráfica e explicativa pola vida familiar e profesional dos protagonistas. Mais non remata aí. Como calquera obra que se prece te que levar a súa rúbrica que sela a aventura, e esta é a magnífica reportaxe realizada polo fotógrafo cántabro Vicente Ansola, ben coñecido por todas as persoas que seguen a colección “Tradición oral-música” da Editorial Canela.

 

Conversa coa autora

 

 

 

FICHA TÉCNICA

Autor: Fina Fernández.
Prólogo: Xosé V. Ferreirós
Formato: 227 x 240 x 20 mm
Nº de páginas: 348
Encuadernación: Rústica con solapas
Contenido extra: Marcapáginas
Lengua de publicación: Gallego
Impresión: LAR, Galicia
Fecha de edición: septiembre, 2020
Número de edición:
ISBN: 978-84-09-22809-6
Depósito Legal: C 830-2020
Precio: 32.38€

NOTAS DE CAMPO

Oscos
23 diciembre

Oscos

Los Oscos (Os Oscos en la lengua local) es una comarca interior asturiana formada por tres […]
Buño
23 diciembre

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
No hay productos en el carrito
Seguir comprando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información;