Tempo de Pedra - Editorial Canela
COLECCIÓN

Tempo de Pedra

PRECIO:

15,00 IVA inc.

Agotado

SINOPSIS

«Nos hospitais psiquiátricos a luz semella mudar, con insistencia, ao gris. Son lugares que foxen das estacións, burbullas dun tempo detido onde as miradas e os corpos ancoran, sen desexo, á terra firme. Gris é tamén o laranxa plástico das paredes ou dos corredores cos seus fósiles de cinza. No fondo o gris é puro silencio, sempre palpable aínda para os visitantes ocasionais que cruzan os muros erguidos entre a institución e o mundo.

Sen embargo, cada certo tempo aparece unha historia que, de súpeto, bota a camiñar. E, con ela, un personaxe que trae movemento a este mundo petrificado. Pode amosar a aparencia dun rebelde, un comediante, un gaioleiro, un xenio que desbota o diagnóstico e insiste en ser recoñecido polo seu nome. Neses intres onde historia e personaxe coinciden, mesmo o ínfimo da vida, o cotián e a rutina, énchense de sentido.

Tempo de pedra é unha novela escrita por un psiquiatra. Comeza cun feito real, o descubrimento dunha lápida no cemiterio de Conxo cunha misteriosa inscrición en alemán e viaxa rumbo á reconstrución da vida do finado. Transita por un presente de ficción onde doentes e médicos son tan só personaxes dun libro. E retorna dende o silencio da pedra para amosar que os secretos dunha historia soterrada hai un século poden mudar a vida de quen o descobre.

Este é o relato de quen, na procura, sempre atopa voces e verbas dignas de ser escoitadas».

Carlos Martínez Uzal – Coordinador Asociación Itínera Voluntarios en Saúde Mental

FICHA TÉCNICA

Autor: Ramón Area Carracedo.
Formato: 130 x 210 mm
Nº de páginas: 272
Ilustraciones: Portada
Encuadernación: Rústica con solapa
Diseño: Florencia Cornille y Carlos Riera
Peso: 334 g
Lengua de publicación: Gallego
Revisión gallego: Mª Josefa Fernández Fernández
Impresión: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)
Fecha de edición: diciembre, 2015
Número de edición: 1ª, 1ª impresión
ISBN: 978-84-608-4348-1
Depósito Legal: C 2203-2015
Precio: 15€

NOTAS DE CAMPO

Oscos
23 diciembre

Oscos

Los Oscos (Os Oscos en la lengua local) es una comarca interior asturiana formada por tres […]
Buño
23 diciembre

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
No hay productos en el carrito
Seguir comprando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información;