Pepe Vaamonde

Pepe Vaamonde (Mesía, A Coruña, 1971) é un recoñecido gaiteiro de longa traxectoria e cunha dilatada experiencia de trinta anos na docencia como profesor de gaita galega.

Estudou no Conservatorio Mayeusis de Vigo o Título Profesional de Música na especialidade de gaita e desde o ano 2001 traballa como Mestre de Gaita no Centro Autorizado de Música Fingoi de Lugo, colaborando ademais, desde 1994, coa Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros da Fonsagrada.

Como gaiteiro cabe destacar que foi o intérprete que máis concursos de gaita solista gañou na década dos anos noventa, entre eles o prestixioso “Constantino Bellón” en tres ocasións. Artísticamente lidera Pepe Vaamonde Grupo que, con vinte anos de historia e catro CDs publicados (Aviouga, Onde nace o vento, Introterra e Nas Pedras do Lar) ten realizado máis dun cento de actuacións en directo nos principais escenarios referentes de este estilo musical, como o Festival de Ortigueira, Festival de Lorient, e un longo etc.

Cabe destacar tamén o seu traballo de investigación e control de calidade de todos os instrumentos que se fabrican no Obradoiro de Gaitas Lis. Logrando un recoñecimento co Primeiro Premio Artesanía de Galicia, en 2008, polo Punteiro Afinable deseñado e construído no taller. Para coñecer un pouco máis a Pepe Vaamonde pódese consultar a súa web pepevaamondegrupo.com

Con Editorial Canela ten participado como coautor no libro Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano (2021).

NOTICIAS

Oscos
23 diciembre

Oscos

Los Oscos (Os Oscos en la lengua local) es una comarca interior asturiana formada por tres […]
Buño
23 diciembre

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
No hay productos en el carrito
Seguir comprando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información;