(Ourense, 1969)
Ramón Area Carracedo é psiquiatra. Estudou medicina en Compostela e, con posterioridade, fixo a especialidade na Cátedra do antigo Hospital Xeral de Galiza, para traballar, máis tarde, no Hospital Calde de Lugo durante un longo período de tempo que o marcaría profundamente, tanto no profesional como no persoal. Actualmente desenvolve a súa profesión nunha Unidade de Rehabilitación do Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela. Dende hai anos é membro activo da Asociación Galega de Saúde Mental da cal é, dende hai uns meses, o seu presidente.
Ten escrito numerosos artigos en revistas nacionais e internacionais, sobre todo no Siso Saúde, unha publicación periódica editada pola Asociación Galega de Saude Mental.
É autor, entre outros, de libros como: Sobre las alucinaciones (2004); La conciencia (2006); Psicopatoloxía do retorno, en colaboración con Alexandre García Caballero, premio Ramón Piñeiro de ensaio 2006 (2007); Arquitecturas da infancia, escrito xunto con Luis Vila Pillado (2010); etc. Así mesmo, publicou moitos traballos en monografías colectivas: La esquizofrenia hoy (1997); Temas psiquiátricos (2002); O saber holístico: Homenaxe ao profesor Rof Carballo, comp. (2005); Verbas de outono (2006, 2007), etc.
En decembro de 2015 presenta a súa primeira novela publicada con Editorial Canela: Tempo de Pedra.