(Roxíos, 1964)
Enrique González Álvarez naceu en Roxíos, Boal (Asturias) no ano 1964. Licenciado en Dereito, comenzou de ben novo a defender a fala galega del Eo-Navia.
Colaborou coa revista Ámbitu de Uviéu e co «Suplemento Cultural» de La Voz de Asturias. Tamén participou no suplemento literario «O Espello» da revista A Freita, onde publicou el poemario Teño dolo da túa risa, e na colección Castelo das Letras coel libro de contos Debaxo de nabis, sapis. Ten publicadas algúas ponencias e artigos en diversos medios dixitais e de papel, ademais de desenvolver un traballo de divulgación a través del blogue Espazo de Quique de Roxíos e del dominio www.gallego-asturiano.com.
En 1994, por motivos de traballo, emigrou de Asturias. Como funcionario de xusticia desempeñou destinos en Baleares, Cataluña, Cantabria e Euskadi. Actualmente reside en Donostia.
Ganou el I Concurso de poesía Miguel G. Teijeiro, de As Figueiras, e el XVII Certame de Poesía «Andoriña Voandeira», convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, coa obra Personaxe desconocido, el primeiro dos tres poemarios que compoin este libro.