Óscar Górriz

Óscar Górriz (A Coruña, 1977) é un creador interdisciplinar cun profundo interese pola etnografía e a cultura galega. Formado en artes visuais entre A Coruña e Barcelona a finais dos anos 90 e principios dos 2000, o seu estilo fotográfico ven marcado pola influencia de mestres como Walker Evans, Man Ray, Ansel Adams, Sergio Larraín ou José Caruncho.

Na década dos 2000 colaborou como artista visual na cultura urbana do momento, a cabalo entre Barcelona, A Coruña, Sevilla e Londres, ao tempo que participaba como produtor de música urbana e DJ nos clubs e estacións de radio coruñeses.

A comezos dos 2010 participou como activista na creación e promoción de espazos sociais e culturais de vangarda entre Galicia e Portugal, como a Casa Tomada ou a rede Galiza Imaxinaria.

A finais dese mesmo período, centrouse na fotografía documental, realizando a súa primeira residencia artística en Porto en 2018, cidade á que viaxaba frecuentemente naqueles anos, época na que tamén comeza o seu achegamento á música e cultura tradicionais galegas, estudando percusión e canto arredor de mestres como Xurxo Fernandes e Fransy González, e colaborando como realizador e fotógrafo con nomes como Ugia Pedreira, a propia Fransy González ou Miro Casabella.

A súa experiencia artística integral eclosiona en 2023 coa residencia en Bóveda, de onde xorde Bóveda, a memoria no lugar e na que combina todos os coñecementos adquiridos sobre fotografía, cultura e música. Neste libro inclúe o seu primeiro sinxelo de música galega, a Xota de Bóveda, inspirada nas historias locais que recolleu no proceso.

NOTICIAS

Oscos
23 diciembre

Oscos

Los Oscos (Os Oscos en la lengua local) es una comarca interior asturiana formada por tres […]
Buño
23 diciembre

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
No hay productos en el carrito
Seguir comprando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información;