Alberto Calvín Corredoira

Alberto Calvín Corredoira, “Alberto de Puchas”, é o bardo de Taramundi, un poeta e narrador popular cunha importante obra manuscrita que encerra contidos de carácter histórico, social e etnográfico con valiosas informacións para investigadores dos costumes, das tradicións e da vida rural en xeral.

Nacido en Pardiñas de Riba (Taramundi) en xaneiro de 1950, Alberto é continuador da liña popular dos cantares de cego e da tradición xograresca. Sempre escribe na fala coloquial da zona e a súa produción literaria encontrámola diseminada por diferentes revistas e libros que, na súa maioría, fan referencia á lingua e á cultura do occidente asturiano.

Agricultor e gandeiro toda a súa vida na casa onde naceu, realizou traballos de carpintería (arados, grades, carros, carros de terrar, culatas de escopeta, escadas, mangos…) e mesmo deseñou varios enxeños para facer máis levadeiros diversos traballos relacionados coa fabricación e o mantemento das ferramentas e as labores artesanais. Ademais, ten habilidade para o debuxo, que perfeccionou en cursos por correspondencia. Na década dos anos oitenta e comezos dos noventa realizou rotulacións comerciais en coches, furgonetas e fachadas e publicou varios debuxos cómicos relacionados coa problemática habitual do campo no Boletín UCA (1980), da Unión de Campesinos Asturianos, na revista local El Yunque (1984) e en Tradición oral Ozcos-Eo e A vida das nosas abolas, publicados pola Concexalía de Igualdá del Conceyo da Veiga en 2012.

Ten publicado diversos poemas no Concurso de Relatos Marqués de Sargadelos dos anos 2003, 2004 e 2005 (Primeiro e segundo premio no 2005), en Rompiendo Distancias, boletín do Ayuntamiento de Taramundi en 2004, en Manuel Enríquez Fernández. Nela de Bres (Canela, 2012), en Tradición Oral en Ozcos-Eo (2014), en Aldeas sen voz (Canela, 2016). Son monográficos seus Tiroliro e O canto do carro (2014), editados pola Asociación Cultural Os Castros de Taramundi e agora en Taramundi, mil versos (Canela, 2022), onde se inclúen dous poemarios.

NOTICIAS

Oscos
23 diciembre

Oscos

Los Oscos (Os Oscos en la lengua local) es una comarca interior asturiana formada por tres […]
Buño
23 diciembre

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
No hay productos en el carrito
Seguir comprando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información;