1. Proceso de compra (carriño de compra, tramitación do pedido)
Mercar na nosa tenda é moi sinxelo, por iso somentes debe completar os seguintes pasos:
Na ventá CATÁLOGO so terá que premer no botón MERCAR AGORA e despregrase o carriño. Na ventá do produto so terá que premer en ENGADIR AO CARRO e continuar as indicacións ata rematar.
2. Impostos aplicables
Os libros están suxeitos, por lei, ó suplemento dun 4% en concepto de Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) e o resto dos produtos desta tenda ó 21% polo mesmo concepto.
Todos os precios aparecen no carriño co IVE incluido.
3. Forma de pago
Canela Producións admite o pago das súas compras mediante tarxeta de crédito ou débito, contra reembolso (só para pedidos de España), transferencia bancaria, ingreso na nosa conta ou xiro postal.
Tarxeta de crédito e débito
É una fórmula segura, sinxela e a máis rápida de facer a compra. Pode pagar con tarxetas VISA, MASTERCARD e de ABANCA e PayPal.
Para confiarlle a seguridade do noso servizo de comercio electrónico, eliximos a ABANCA, que nos ofrece a tecnoloxía mais actual para evitar cualquer tipo de ataque no decurso das operacións que se efectúen a través da súa pasarela segura de pago. Todas as operacións de datos e pago realízanse por medio dun servidor seguro, baseado no estándar SSL que, por medio dun sistema de encriptación, impide o acceso ós datos fronte a intentos de violación por terceiros. O cliente pode mercar ca tranquilidade de que ningún intruso pode captar os seus datos e utilizalos de modo fraudulento. Os datos da tarxeta de crédito, ou débito, viaxarán protexidos directamente ó banco. Dita información non chegará a nós en ningún caso.
Contra reembolso
(Só en España)
Na compra contra reembolso, despois de premer no carriño para engadir o produto seleccionado á lista, abrese una ventá na que deberá cubrir todos os datos do formulario. Unha vez cuberto, e comprobado o contido da compra, premerá sobre “pago contra reembolso” (na parte inferior esquerda da ventá) e o seu pedido quedará formalizado ó tempo que lle enviamos a confirmación da correspondente operación ó seu correo electrónico.
Cando recibamos a reserva, enviarémoslle o pedido por mensaxería. O pago farase ó mensaxeiro no momento de recibir a compra no seu domicilio.
Tamén poderá facer o pedido por teléfono no número: 698 173 721
Este tipo de envío ten unha sobrecarga de 4 € por gastos de tramitación.
Ingreso na nosa conta e transferencia bancaria
Antes de proceder ó ingreso deberá poñerse en contacto con nós por teléfono (698.17.37.21) ou por correo electrónico (contacto@editorialcanela.com).
Unha vez confirmado o pedido e os costes, facilitarémoslle un número de referencia e o número de conta. Poderá realizar o ingreso, consignando o número de pedido, e enviarnos por correo electrónico ou por correo convencional un arquivo ca copia do resgardo de ingreso escaneado ou unha fotocopia xunto ca aceptación do pedido, respectivamente. No momento da súa recepción procederemos ó envío.
Xiro postal
Antes de proceder ó ingreso, deberá poñerse en contacto con nós por teléfono (698 173 721) ou por correo electrónico (contacto@editorialcanela.com).
Unha vez confirmado o pedido e os costes, facilitarémoslle un número de referencia para que poida enviar desde cualquera oficina de correos un xiro postal co número facilitado a nome de:
Canela Producións
Rúa Benito Blanco Rajoy 3, 9º dta.
15006 A CORUÑA
Para axilizar o envío, remítanos unha copia do resgardo de ingreso, na que figure o número de pedido facilitado por nós, por correo o e-mail xunto co seu pedido.
No suposto de pagar as súas compras ca tarxeta de crédito ou débito, o importe do seu pedido, máis os gastos de envío, seranlle cargados nela no momento en que os artigos estean preparados para ser enviados.
Nos demais casos (reembolso, ingreso, transferencia ou xiro) o envío farase no momento de recibir a confirmación de pago por parte do banco ou de recibir a carta ou correo electrónico enviado polo cliente ca copia do xustificante que se pide.
4. Envío
Por norma xeral, o envío na Península (España, Portugal e Andorra) farase por CORREOS ou GLS e será entregado no lugar indicado polo cliente.
No caso de que non se atopase no enderezo de envío á chegada do pedido, o axente de CORREOS ou GLS poñerase en contacto con vostede para concertar unha segunda entrega no lugar que lles indique.
Todos os artigos serán revisados antes do seu envío ó cliente para comprobar o seu perfecto estado e enviaranse convenientemente protexidos para evitar danos durante o transporte. No mesmo paquete incluiremos a factura correspondente.
No caso de recibir un artigo en mal estado, poderá devolvelo e Canela Producións remitiralle, sen coste algún, o mesmo produto en perfectas condicións.
Gastos de envío
Os gastos de envío terán un custe de 2,50 € para as compras menores de 50 €. A partir de 50 € serán gratis.
Nos pagos contra reembolso (só España) incrementarase a todos os envíos 4 € en concepto de gastos de xestión.
Para envíos ó resto do mundo, Baleares e Canarias, consultar mediante correo electrónico.
5. Garantía de devolución e anulación do pedido
En Canela Producións, ofrecémoslle a oportunidade de anular ou devolver un pedido se non lle satisface a compra. A nosa política, cumprindo a normativa vixente, é concederlle o dereito a devolver calquera libro no prazo de 7 días dende a data de recepción, enviándolo xunto ca factura de compra e sempre cos libros se atopen en bo estado (co seu embalaxe orixinal e sen usar).
Aceptamos a anulación de cualquera pedido, sen ningún coste para o cliente, sempre que non procedéramos ó seu envío. Se o pedido xa fose enviado, deberá esperar a recibilo e proceder á sua devolución, cumprindo cas condicións anteriormente explicadas.
A devolución poderá facerse persoalmente no noso enderezo postal ou por correo. Unha vez recibida a devolución e comprobado o estado do produto, procederemos ó reintegro do importe do libro recibido. Os gastos de envío e recollida, no seu caso, serán sempre a cargo do cliente.
Para anular ou devolver o seu pedido póñase en contacto previamente con nós vía correo electrónico en: pedidos@editorialcanela.com
Ou contacte telefónicamente no número 698 173 721.
6. Garantía de privacidade
Canela Producións S.L., dacordo ca lexislación vixente, garantiza a confidencialidade dos datos persoais aportados polo cliente, asi como dos incluidos no formulario no momento de facer o pedido.
Todos estes datos pasarán a unha base de datos de uso exclusivo de Canela Producións S.L., que os utilizará únicamente para tramitar o pedido e enviar información ós nosos clientes sobre novos produtos, ofertas e servizos que poidan resultar do seu interés.
Canela Producións S.L. comprométese a non ceder a terceiros os datos introducidos polo cliente ó facer a compra.
Os datos permanecerán nun ficheiro informático propiedade da empresa. En todo momento pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación, dirixindo un escrito a
Canela Producións
Rúa Benito Blanco Rajoy 3, 9º dta.
15006 A CORUÑA.
Ou remitindo un correo a:
contacto@editorialcanela.com
Distribúe: Consorcio Editorial Galego 986 40 50 51