COLECCIÓN

Tejeduría tradicional en Galicia. El telar y la técnica.

PREZO:

25,00 IVE inc.

Esgotado

SINOPSE

Entre os anos 1997 e 1998, un grupo de artesáns do téxtil decidiron investigar as técnicas tradicionais de tecido en tear de baixo lizo, que desenvolveran en Galicia as xeracións anteriores e que, por entón, a finais do segundo milenio, xa comezaran a caer no esquecemento por falta de atención e estudo. Non só as recompilaron, senón que as analizaron e estudaron de tal forma que quedaron perfectamente documentadas para as xeracións futuras.

Este libro é o resultado daquelas viaxes e contactos coas últimas tecedeiras galegas, herdeiras dunha longa tradición que sufriu, uns anos antes, a irremediable desaparición, ao perder a súa funcionalidade aquelas pezas que elaboraban artesanalmente durante moitas horas, despois aínda de ter tido que soportar a diario as duras tarefas domésticas e campesiñas. Daquel traballo de campo fixérase unha edición urxente en 1998, pero non alcanzou a distribución necesaria a través dos medios habituais.

Pasado o tempo, contactamos cos autores para ver a posibilidade de preparar unha edición máis completa e rigorosa que verdadeiramente fose accesible para as persoas interesadas no tema. As fotografías fixéronse todas de novo e incluíronse outras de interese histórico e etnográfico, realizadas entre 1919 e 1932 por fotógrafos de prestixio. Aumentáronse os textos e engadíronse novos apartados despois de reorganizar o esquema do libro, fixéronse máis debuxos para esta edición e analizáronse novas pezas elaboradas nos teares galegos, ao tempo que se ampliou parte da investigación aos concellos de Taramundi e Os Oscos, no occidente de Asturias, pola súa afinidade cultural e relación co oriente de Lugo.

Con esta publicación, en Editorial Canela continuamos a colección tradición oral e, dentro dela, iniciamos a serie dedicada aos oficios artesáns, ao tempo que pretendemos chegar a un maior número de persoas que poidan estar interesadas na teceduría tradicional, poñendo ao seu alcance un libro áxil, rigoroso, ben documentado e útil para salvala do esquecemento. Por iso, cremos que a presente obra, publicada co maior respecto ao lector e ao artesán, será unha fonte de consulta valiosa para os investigadores que pretendan estudar e documentar aínda máis un oficio que se mantivo por tradición oral en Galicia ata case finais do século XX, momento no que foi deixando paso a novos métodos e técnicas dirixidas agora a outro tipo de demanda, e polo tanto cun tipo de produción diferente para cubrir outras necesidades, xa que a súa utilización na sociedade tradicional existente ata entón mudou considerablemente por ese tempo.

FICHA TÉCNICA

Autor: Mº José Lois, J.M. Ortiz, Samuel Ortiz, Albino Quinteiro.
Formato: 170 x 240 x 14 mm
Nº de páxinas: 200
Ilustracións: 146 fotografías e debuxos a cor e branco e negro
Encadernación: Rústica con lapela
Deseño: área-norte
Peso: 450 g
Lingua de publicación: Castellano
Impresión: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)
Data de edición: Xuño, 2012
Número de edición: 1ª, 1ª impresión
ISBN: 978-84-615-9028-5
Depósito Legal: C 1077-2012
Prezo: 25€

NOVAS

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;