Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular. - Editorial Canela
COLECCIÓN

Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular.

PREZO:

27,00 IVE inc.

SINOPSE

Foxos é o nome común con que se coñecen en Galicia as trampas históricas construídas para cazar lobos. Segundo a súa forma e a técnica de captura empregada, clasifícanse en cinco tipoloxías elementais: simple, de converxencia, de dobre converxencia, de cruz e de cabrita, coas súas variables en canto á denominación dialectal.

Editado en galego e castelán, Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular é o resultado dun profundo traballo de investigación levado a cabo sobre o terreo polo arqueólogo David Pérez López no cuadrante noroeste peninsular, que é unha zona case exclusiva a nivel mundial e onde mellor se conservan. Unha área localizada ao norte do río Douro e que comprende as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Euskadi e o norte de Portugal.

No libro descríbense os métodos de caza empregados tradicionalmente na Península Ibérica para capturar ao animal, así como diversos datos datos inéditos que a converten nunha obra pioneira, ao incorporar, entre outros, fichas coa catalogación técnica de numerosas destas construcións e o traballo de escavación científica, dirixida polo propio autor, sobre un foxo con sorpresa.

Todo iso complementado con varios apartados dedicados á bioloxía e comportamento do Canis lupus, mitoloxía e cultura popular, relación coas comunidades agrogandeiras, a batida, análise e características de cada tipoloxía de foxo, arquitectura do pastoreo, descrición doutras técnicas tradicionais de caza do lobo, etc.

En fin, unha obra que non deixará indiferente ao lector, achegándolle todos os datos necesarios para entender a relación home-lobo ao longo da historia. Un libro respectuoso co animal e coas persoas, no que se achegan propostas para lograr o equilibrio entre estes dous protagonistas.

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€

FICHA TÉCNICA

Autor: David Pérez López.
Formato: 170 x 240 x 34 mm
Nº de páxinas: 496
Ilustracións: Fotografías, debuxos, planos, mapas, gravados, reprodución de miniaturas, pinturas ou gravados, todo iso en cor e en branco e negro
Encadernación: Rústica con lapelas
Deseño: área-norte
Peso: 1.240 g
Lingua de publicación: Galego e castelán
Impresión: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)
Data de edición: Outubro, 2010
Número de edición: 1ª, 1ª impresión
ISBN: 978-84-614-1205-1
Depósito Legal: C 2425-2010
Prezo: 27€

NOVAS

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;