COLECCIÓN

Manuel Enríquez Fernández. Nela de Bres.

VV.AA.

PREZO:

20,00 IVE inc.

SINOPSE

Obra colectiva que xira arredor da figura do gaiteiro Nela de Bres, na que participaron un importante número de persoas. Contén interesantes datos sobre a música de tradición oral conservada e interpretada por este músico popular do concello asturiano de Taramundi, a súa biografía, repertorio e técnica, así como as biografías das súas fontes e dos intérpretes que o acompañaron na gravación do CD de regalo que se inclúe, con 24 temas, algúns deles inéditos ata o momento.

A segunda parte da obra é un álbum fotográfico dividido en tres apartados. O primeiro é unha serie de fotografías realizadas en exclusiva para esta ocasión polo fotógrafo cántabro Vicente Ansola, recente ganador do premio Hasselblad Masters 2012. O segundo está formado por diversas imaxes de Nela en diferentes situacións e acompañado de numerosos músicos amigos. O último bloque contén varias imaxes tomadas durante a gravación do CD.

Conta con textos de Pablo Quintana, Juanjo Fernández, Xerardo F. Santomé, Xosé Ambás, Luis Prego e Xabier Díaz, ademais de 125 fotografías de Vicente Ansola, Florencio Rodríguez, Edelmiro Fernández, Xosé Ambás, Eduardo Rivo, Juanjo Arrojo ou Jacobo Quintana.

FICHA TÉCNICA

Autores: Pablo Quintana López. Vicente Ansola Trueba.
Formato: 170 x 240 x 14 mm
Nº de páxinas: 200
Ilustracións: 125 fotografías en cor e en branco e negro
Encadernación: Rústica con lapelas
Deseño: área-norte
Contido extra: 1 CD de audio de regalo
Peso: 450 g
Lingua de publicación: Galego e castelán
Impresión: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)
Data de edición: Marzo, 2012
Número de edición: 1ª, 1ª impresión
ISBN: 978-84-615-5910-7
Depósito Legal: C 24-2012
Prezo: 20€

NOVAS

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;