COLECCIÓN

La labranza y transformación artesanal del hierro en Taramundi y los Oscos. Siglos XVI-XXI. Aportación a su conocimiento (2 Tomos)

PREZO:

50,00 IVE inc.

SINOPSE

La labranza y transformación artesanal del hierro en Taramundi y los Oscos. Siglos XVI-XXI. Aportación a su conocimiento é o libro máis completo publicado até o momento sobre a artesanía do ferro no occidente de Asturias.

Resultado dun traballo de campo efectuado por Pablo Quintana López nos anos anteriores á súa publicación, durante o cal se entrevistou con numerosas persoas directamente relacionadas con esa materia, percorrendo á vez todos os talleres e instalacións preindustriales de transformación, arquivos, bibliotecas e museos dunha ampla zona onde existían datos e informacións de interese para a investigación.

O libro contén detallada e documentada información de todos os procesos levados a cabo para a transformación do ferro, desde a extracción na mina e a preparación do carbón, até a fabricación e comercialización da obra final, xunto coa relación de produtos elaborados, na cal adquire apartado específico a elaboración do coitelo e a navalla, produto artesán cuxa fama traspasa os límites locais. Así mesmo compleméntase con profundos estudos sobre as instalacións e centros de produción (ferrerías, mazos e forxas), técnicas, ferramentas do oficio, fichas que conteñen datos sobre todos os ferreiros locais, coa relación da súa produción, peculiaridades, marcas, etc.

Unha completa colección de fotografías, debuxos, gráficos e táboas, completan a edición dunha obra de luxo, condensada en dous tomos que marcan un punto de inflexión na investigación sobre este oficio tradicional tan característico da comarca occidental asturiana.

FICHA TÉCNICA

Autor: Pablo Quintana López.
Fotografías: Fotomecánica del Principado
Formato: 2 Tomos de 220 x 220 mm cada un
Nº de páxinas: 8481380468
Ilustracións: Fotografías, planos e debuxos en cor e branco e negro
Encadernación: Cartoné
Deseño: Trisquelmedia S.L.
Peso: 2.800 g (os dous tomos)
Lingua de publicación: Castelán
Impresión: Gráficas Summa
Data de edición: Maio, 2005
Número de edición: 1ª, 1ª impresión
ISBN: Obra Completa: 84-609-2586-2; Tomo I: 84-609-3421-7; Tomo II: 84-609-3422-5
Depósito Legal: As-03686-2004
Prezo: 50€

NOVAS

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;