COLECCIÓN

Un ano no Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel

PREZO:

30,00 IVE inc.

SINOPSE

NOVIDADE

SEN GASTOS DE ENVÍO

VISTA PREVIA

CONTÉN 2 MAPAS de 420 x 594 mm

NOVAS

 

Un ano no Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel, o novo libro de Sonia Mª García García, artículase a partir dun importante traballo de campo realizado pola autora durante varios anos no Courel.

Grazas aos testemuños incluídos, de enorme valor documental, o libro ofrece unha visión viva desta comarca luguesa. É o pobo o que fala, o que conta a súa historia axudando a entender a propia realidade, o seu inmenso patrimonio, permitíndonos afondar no medio natural, na vida tradicional, na etnografía, na antropoloxía, na toponimia, no uso local da língua, na música…

Sendo inabarcable estudar cada aldea, pero tendo todas unha cultura común, elexíuse unha delas para que servise de exemplo. Ese lugar chámase O Carballal. Un lugar puro e pouco contaminado polas visitas de xente allea. A través desta aldea courelá, conséguese chegar dende o particular ao global a través dun método inductivo, conseguindo plasmar unha visión que abarca O Courel enteiro e mesmo boa parte das tradicións, dos traballos e da forma de vida da Galicia interior.

Lendo as súas páxinas, aos foráneos seralles sinxelo facer un exercicio de empatía para meterse nos corpos e nas mentes da xente do Courel de hoxe e de onte, o que lles axudará a entender a comarca, a vida tradicional, as necesidades e as potencialidades de futuro. Para os que o viven, o viviron ou llelo contaron os seus antergos, resultaralles especialmente significativo e mesmo emotivo. E para os investigadores do medio, da etnografía, da antropoloxía e da fala, un instrumento moi válido de estudo. E así, xuntos, os da casa e os achegados, facendo sempre gala da hospitalidade que existe nestas terras, disfrutaremos do Courel.

Conversa coa autora

FICHA TÉCNICA

Autor: Sonia María García García.
Prólogo: Uxío Novo
Formato: 170x240 mm
Nº de páxinas: 464
Encadernación: Rústica con lapelas
Contido extra: 2 mapas DIN A2 e marcapáxinas
Lingua de publicación: Galego
Data de edición: Xullo, 2021
Número de edición:
ISBN: 978-84-09-30053-2
Depósito Legal: C 613-2021
Prezo: 30€

NOVAS

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;