COLECCIÓN

Desiderio Sampayo Rico. Siderio de Vilarmide

VV.AA.

PREZO:

25,00 IVE inc.

SINOPSE

Desiderio Sampayo Rico, coñecido por Siderio do Mazo antes de cambiar a residencia para Vilarmide, no concello da Pontenova, naceu en novembro de 1931 na Casa de Antón do lugar do Mazo, parroquia de Santiago de Acevo, que por aqueles tempos pertencía ao municipio da Fonsagrada e actualmente ao de Ribeira de Piquín, todos eles na parte oriental da provincia de Lugo.

O libro contén interesantes datos sobre a música de tradición oral conservada e interpretada por este músico popular, a súa biografía, repertorio e técnica, así como das súas fontes, dos artesáns construtores dos instrumentos que tocou, as dos outros dous gaiteiros que o acompañaron na gravación do CD: Constante de Valiña e Modesto de Murias, un completo estudo da música de gaita na zona, das reunións e encontros festivos nas que participaban os gaiteiros e do repertorio incluído na gravación, realizada en vivo no adro da igrexa de Vilarmide durante o mes de agosto de 2014.

Resultado dun amplo traballo de campo, conta con textos de Pablo Quintana, Daniel Carballo, Pablo Carpintero ou Luis Correa O Caruncho, e contén un álbum fotográfico con 27 imaxes (entre elas a da portada) realizadas polo premiado fotógrafo cántabro Vicente Ansola, ademais doutras 54 feitas polos autores e as procedentes de arquivos fotográficos históricos, como os de Walter Ebeling, Foto Manuel, Edelmiro Méndez, Museo Comarcal da Fonsagrada, ou dos familiares de Desiderio, Constante, Modesto e outros particulares.

Un CD de regalo, no que se inclúen 21 temas tradicionais inéditos ata o momento, completa esta interesante obra.

FICHA TÉCNICA

Autores: Pablo Quintana López. Daniel Carballo Penelas. Pablo Carpintero Arias. Luis Henrique Correa Piñeiro. Vicente Ansola Trueba.
Formato: 170 x 240 x 13,5 mm
Ilustracións: 184
Encadernación: Rústica con solapas
Contido extra: 1 CD de audio de regalo
Peso: 450 g
Lingua de publicación: Galego
Impresión: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)
Data de edición: Maio, 2015
Número de edición:
ISBN: 978-84-606-7403-0
Depósito Legal: C 437-2015
Prezo: 25€

NOVAS

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;