COLECCIÓN

A Idade do Ferro

PREZO:

35,00 IVE inc.

SINOPSE

Incluído na colección “Imaxes dun País”, o presente foto ensaio dá a coñecer a singular cultura do ferro que aínda se conserva no noroeste peninsular dentro do espazo xeográfico comprendido, aproximadamente, polas Reservas da Biosfera: “Terras do Miño”, “Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, situadas dacabalo entre a provincia de Lugo e o occidente de Asturias.

Esta cultura, que conta con moitos séculos de antigüidade, encárnase aínda hoxe nas decenas de homes e mulleres fotografados, un colectivo humano único en Europa e que agora sae á luz grazas ao traballo realizado por José M. Salgado durante case un lustro.

Un traballo documental que percorre os espazos e visita ás persoas, no que ofrece un retrato espido do estado actual dun modo de vida, ligado ao mundo agrario e preindustrial que busca, a duras penas, sobrevivir.

O libro contén, ademáis, unha presentación do autor e tres amplas introducións escritas por Luis Celeiro Álvarez (xornalista), Clodio González Pérez (Investigador e membro do Museo do Pobo Galego) e Juaco López Álvarez (Director do Muséu del Pueblu d´Asturies)

FICHA TÉCNICA

Autor: Jose Manuel Salgado Mosquera.
Tirada: tirada limitada de 1.000 exemplares
Formato: 230 x 225 mm
Nº de páxinas: 264
Ilustracións: 181 fotografías a cor
Encadernación: Rústica con lapela
Contido extra: 2 marcapáxinas. Os 200 primeiros exemplares impresos (que só se poden mercar na tenda web Canela ou nas presentacións) están numerados e asinados polo autor e van acompañados por unha reprodución da fotografía da portada, a tamaño 2 x 15 cm, tamén numerada e asinada.
Peso: 1.658 g
Lingua de publicación: Galego, castellano, english
Revisión galego: Fina Fernández
Tradución ao inglés: Veneatra Paynther
Impresión: ALVA, Galicia
Data de edición: Novembro, 2020
Número de edición:
ISBN: 978-84-09-03835-0
Depósito Legal: C 1225-2018
Prezo: 35€

NOVAS

Oscos
23 Decembro

Oscos

Os Oscos é unha comarca interior asturiana formada por tres concellos que, baixo este apelido común, […]
Buño
23 Decembro

Buño

Os de Buño son oleiros, os de Malpica son pescos, os de Tallo serradores e os […]
Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;