O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz, contén 226 fotografías das que 219 foron tiradas en branco e negro por Edelmiro Méndez entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lugués da Pontenova, conformando un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas, cando iniciaba a transformación que se consolidaría anos despois.
A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden o obxectivo da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen mantiñan unha relación próxima propiciada pola súa empatía e por ter exercido anteriormente como zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo.
O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo rexistra desde o nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas, romarías, xogos, divertimentos, vodas, mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola, festivo, etc.
Completan a obra os textos de bos coñecedores do traballo fotográfico de Edelmiro Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José M. Salgado, fotógrafo profesional e editor gráfico desta obra; Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente na Universidade de Vigo, e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.
Ademais, cada libro vai acompañado de dous fermosos marcapáxinas exclusivos.
ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€
Para brindar as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Dar o seu consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.