Taramundi, mil versos - Editorial Canela
COLECCIÓN

Taramundi, mil versos

PREZO:

17,50 IVE inc.

SINOPSE

VISTA PREVIA E ÍNDICE

 

Taramundi, mil versos, escrito por Alberto Calvín Corredoira, é o segundo libro da colección “Filso da Bovia”, que ten como obxectivo visibilizar, conservar, apoiar e proxectar a produción literaria escrita en galegoasturiano, poesía e narrativa, respectando as variantes lingüísticas locais utilizadas polos autores.

Contén os poemarios: Taramundi, mil versos, con 23 composicións enfocadas ao público xeral, e Flores de Abruñeiro, con 63, premiado cunha Mención de honra no VI Premio Arume de Poesía da Fundación Xosé Neira Vilas o ano 2011 e dirixido aos máis novos. Deste xeito abarca dúas facetas compositivas do autor.

Conta coa colaboración, como editor e autor do Limiar, de Xoán Babarro, creador de numerosos libros de literatura infantil e xuvenil, ensaios, traducións, colaborador en varias obras colectivas, con moitos premios recibidos, editor dos monográficos: 21 poemas, de Antolín Santos Mediante Ferraría (Concello de Taramundi, 2002) e Poesía completa, de Antolín Santos Mediante Ferraría (Fundación Barrié, 2008). Ademais, estudou o galego de Asturias e publicou relevantes obras sobre o tema.

A través do libro pódese acceder a un vídeo 4K, de 28 minutos de duración, onde Alberto recita varios poemas incluídos nel, e algún extra, gravados en diversas localizacións do concello de Taramundi.

Enriquecido con gravados relacionados coa decoración da cuchillería local no seu interior, e unha acuarela de portada realizada especialmente para esta obra por Laura Romero, foi producido e fabricado integramente en Galicia e no occidente de Asturias.

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50 €

FICHA TÉCNICA

Autor: Alberto Calvín Corredoira.
Prólogo: Xoán Babarro
Formato: 140 x 220 mm
Nº de páxinas: 176
Ilustracións: Acuarela da portada realizada por Laura Romero
Encadernación: Rústica con lapelas
Contido extra: Acceso a vídeo 4 k de 28 minutos no que o autor recita varios poemas
Peso: 313 gr
Lingua de publicación: Galego e fala coloquial de Taramundi
Data de edición: Xullo, 2022
Número de edición: 1
ISBN: 978-84-09-42597-6
Depósito Legal: C 1093-2022
Prezo: 17.50€

NOVAS

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;