Terra e Alma - Editorial Canela
COLECCIÓN

Terra e Alma

PREZO:

22,00 IVE inc.

SINOPSE

Con este primeiro volume titulado Terra e Alma, un proxecto de Moisés Quintas que conta coa colaboración de Carlos Valcárcel e o Consello da Cultura Galega, Editorial Canela inicia a nova colección “Aires da Terra”, na que pretendemos incluír recreacións da música popular tradicional onde, coma neste caso, os autores aporten a súa sensibilidade e o seu respecto por ela.

A colección comeza cun senlleiro canto da nosa sociedade tradicional, un canto que non precisa doutro acompañamento máis que o propio ritmo da respiración, do corpo, do camiñar ou do traballo que exerce quen o entoa. Un canto caracterizado, entre outros elementos que explica o autor no libro, polo seu aire lento e moderado que nos transporta á inmensidade da terra cun son abrollado da propia alma, unha suave cadencia que nos leva polo noso interior cara a un lugar sublime; polo emprego dos melismas suscitados na emisión de varias notas sobre calquera vogal incluída na letra do cantar… Un canto que permite a improvisación e a recreación, o gozo ou, mesmamente, a inventiva efémera do cantor nese pequeno recullo ou na inmensidade onde se encontra consigo mesmo.

En Terra e Alma conxúganse dous elementos esenciais da nosa vida, perfectamente concibidos e representados por Moisés, músico e mestre de músicos, ademais de profundo coñecedor da nosa tradición musical, que nesta obra nos achega a ese ar tan coñecido, e ao mesmo tempo tan descoñecido, que é o Alalá.

Ademais, e como luxoso adobío, o fotógrafo Carlos Valcárcel aporta unha escolma de fermosas imaxes, inmortalizadas por el nas décadas dos anos 60, e 70 do século pasado, que poñen de manifesto o sentir da música escollida por Moisés. A través deses instantes pasados inseridos no papel é posible asistir á historia do pobo, a uns tempos que foron e que aínda se senten estar. Unhas imaxes nas que se revive con autenticidade e sen retoques a realidade da cultura popular tradicional, a dos oficios, os traballos, as paisaxes…

O libro vai acompañado por un CD no que se recrean os alalás, adaptados a diversos instrumentos musicais que reproducen as melodías ou as harmonías e que son acompañados de diferentes ambientes sonoros naturais cedidos para esta ocasión polo Consello da Cultura Galega. No que abre o disco aparece tamén a voz, constituínte imprescindible dos alalás tradicionais, que os galegos utilizaban como exclusivo instrumento para a execución deste aire musical, como se pode apreciar no que pecha o CD, interpretado “a capella” no seu máis puro estilo popular. E, no anterior, quedará rexistrada para sempre a palabra da propia nai do autor, principal informante e referenza musical, tamén, do músico.

 

ENVÍO GRATIS EN COMPRAS SUPERIORES A 50€

FICHA TÉCNICA

Autor: Moisés Quintas Suárez.
Fotografías: Carlos Valcárcel Gay
Tirada: tirada limitada de 1.000 exemplares
Formato: 200 x 200 mm
Nº de páxinas: 130
Ilustracións: Con fotografías a cor e branco e negro
Encadernación: Rústica con lapela
Contido extra: 1 CD de regalo
Peso: 454g
Lingua de publicación: Galego, castellano, english
Montaxe de audio: Estudios Bruar
Impresión: Galicia
Data de edición: Decembro, 2017
Número de edición: 1
ISBN: 978-84-697-6654-5
Depósito Legal: C 1640-2017
Prezo: 22€

NOVAS

Non hai produtos no carro
Seguir mercando
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Máis información;